Prince of Wales Trophy

O Prince of Wales Trophy no Hockey Hall of Fame.

O Prince of Wales Trophy,[1] tamén coñecido como Wales Trophy, é un trofeo entregado pola National Hockey League (NHL) ao campión da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Wales) nos play-offs, antes dos partidos das series finais pola Stanley Cup. Chamado así en honor ao Príncipe Eduardo, Príncipe de Gales (posteriormente Rei Eduardo VIII, e logo Duque de Windsor), o trofeo foi entregado por primeira vez na tempada 1925-26 ao campión do primeiro partido no Madison Square Garden e logo entregouse ao campión dos play-offs da NHL (incluíndo as dúas tempadas anteriores); con todo, o trofeo foi entregado atendendo a oito distintos significados ao longo da súa historia, entre eles ao campión na liga regular da American Division, o campión da liga regular da NHL, o campión da tempada na East Division, o campión da Conferencia Wales na liga regular, o campión da Conferencia Wales nos play-offs, e o campión da Conferencia Leste nos play-offs. O actual defensor do título do Prince of Wales Trophy son os Washington Capitals, logo de gañar o título da Conferencia Leste na tempada 2017-18.

  1. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy